← Ver todos os servizos

Peritaxe de suplantación de identidade e perfís falsos

O contido publicado nas redes ou enviado desde contas falsas desaparece con facilidade, e unha captura tomada despois non acredita gran cousa. O primeiro é preservar o que existe agora, de forma que poida verificarse máis adiante.

Que se pode acreditar

  • — A existencia e o contido exacto dunha publicación ou un perfil nunha data concreta
  • — A orixe técnica dos correos ou mensaxes recibidas
  • — A relación entre varias contas ou publicacións
  • — A alteración de contido que xa fora publicado

Que necesito para empezar

  • — Os enderezos ou ligazóns do contido que se quere preservar, canto antes
  • — Os correos ou mensaxes orixinais, coas súas cabeceiras completas
  • — As contas ou perfís afectados