Sobre Noct Armor

Cybersecurity Engineer especializado en infraestrutura SOC, enxeñaría SIEM e seguridade ofensiva, aplicando ese mesmo rigor técnico á análise forense dixital

Noct Armor nace da experiencia traballando en infraestruturas de seguridade para contornas críticas: deseño e operación de SOC, enxeñaría de detección (SIEM) e exercicios de seguridade ofensiva.

Ese mesmo enfoque técnico e metódico trasádase á análise forense: cada caso documentáse co mesmo rigor que esixiría unha auditoría de seguridade, con foco na trazabilidade e na reproducibilidade dos resultados.

Principios

Trazabilidade

Cada paso queda documentado, de modo que outro perito poida reconstruír a análise

Contradición

O método expónse para que a parte contraria poida discutilo, que é o que lle dá valor

Claridade

O informe léo un xuíz ou un avogado, non un técnico: escríbese para que se entenda

Actualización continua

Formación constante en técnicas forenses e de ciberseguridade ofensiva

Cadea de custodia

01

Recepción

Rexistro do dispositivo ou dato con acta de entrega

02

Duplicado forense

Copia bit a bit con verificación por hash criptográfico

03

Análise

Exame sobre a copia, nunca sobre a evidencia orixinal

04

Informe

Documentación técnica dos achados e do proceso seguido

05

Conservación

Custodia segura da evidencia ata o peche do caso

Solicitar consulta