← Ver todos os servizos

Peritaxe de fuga de datos e competencia desleal

Cando alguén marcha coa carteira de clientes, documentación técnica ou bases de datos, o rastro queda nos equipos, nos dispositivos conectados e nos rexistros de acceso. Ese rastro degrádase co tempo e, sobre todo, co uso posterior do equipo.

Que se pode acreditar

  • — A copia de arquivos a dispositivos externos ou a servizos na nube
  • — Accesos masivos ou fóra de horario á información afectada
  • — O reenvío de correo corporativo a contas persoais
  • — O borrado deliberado de información antes da saída

Que necesito para empezar

  • — O equipo do empregado, preferiblemente sen reasignar nin formatar
  • — Os rexistros de acceso dos sistemas implicados
  • — A descrición da información que se considera subtraída