← Ver todos os servizos
Peritaxe e resposta ante ransomware
Tras un cifrado ou unha intrusión, as decisións das primeiras horas condicionan o que despois poderá determinarse. A análise acouta que ocorreu, por onde entraron e ata onde chegaron, tanto para recuperar a actividade como para responder ante clientes, aseguradora ou a autoridade de control.
Que se pode acreditar
- — O vector de entrada e o momento do compromiso inicial
- — O alcance: que sistemas e que información se viron afectados
- — Se houbo extracción de datos ademais do cifrado
- — As medidas de remediación e de prevención dunha reincidencia
Que necesito para empezar
- — Os sistemas afectados, apagados ou illados pero sen reinstalar
- — Os rexistros dos servidores, a devasa e o correo
- — A cronoloxía do observado polo equipo interno