← Ver todos os servizos

Peritaxe de estafas con criptomoedas

Nas estafas de investimento con criptoactivos, as transaccións quedan rexistradas de forma pública e permanente, pero a súa lectura require traballo técnico. O informe traduce ese rastro a un relato que un xulgado poida valorar.

Que se pode acreditar

  • — O percorrido dos fondos desde a transferencia inicial
  • — Os enderezos e os servizos de intercambio implicados
  • — A cronoloxía das operacións e os importes
  • — A relación entre as comunicacións recibidas e as operacións realizadas

Que necesito para empezar

  • — Os identificadores das transaccións ou os enderezos implicados
  • — Os xustificantes das transferencias realizadas
  • — As comunicacións mantidas con quen ofreceu o investimento